Este curso no noso centro temos coma tema anual: Pintores galegos do S.XX.
Nas clases de ARTS estamos a traballar diferentes artistas desta época e os diferentes estilos que tiñan a nivel artístico. No primeiro ciclo (1º e 2º) traballamos, máis profundamente, a pintora María Antonia Dans.
Coñecemos un pouco da sua vida e obra. Observamos e falamos dos cadros que fixo ó longo da súa carreira. E ata tentamos facer algúns deles para o noso disfraz de Entroido.
Quedaron xeniais!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario