jueves, 23 de junio de 2022

VERÁN!

O tempo pasa voando! Xa chegou o fin do curso e ,o verán e as vacacións!🌞🌊🏊

Este ano foi moi raro...cambios de normas, máscara sí e non, distancias, xuntarse, vacinas...ata case chegar a normalidade nos últimos meses. Pero aínda así FIXÉSTELO XENIAL estes dous cursos raros!

Agora tedes que desfrutar moito do tempo libre: Ir a praia, o parque, o monte...onde sexa! Pero mellor que mellor ó aire libre.

Aínda que esteades de vacacións, pídovos que non esquezades todo o que aprendemos este ano e repasedes un pouquiño. Soamente precisades:

- Ler un pouco (o moito) todos os días.

- Escribir frases no caderno. Tamén preguntas e respostas sobre cousas que vos gusten ou lérades nalgún libro. Describir animáis, persoas, lugares, inventar aventuras...o que se vos ocorra, pero sempre con boa letra e maiúculas!

-Coa axuda da vosa familia: facer algún ditado, tanto de frases coma de números.

-Inventar e resolver contas e problemas de matemáticas (de sumas ou restas con levadas ata o 999).

-O que non rematáramos do libro podedes facelo como repaso.

-Entrando no libro dixital tedes todos os xogos, audios e vídeos que poñemos na clase. Podedes usalos a veces que queirades.

-Aqueles que desexedes comprar un libro de repaso para o verán, deixovos algunhas suxerencias aínda que hai moitos similares e non é obrigatorio:  

RUBIO a arte de aprender. 2º Primaria Galego.Vacacións.

RUBIO el arte de aprender. 2º Primaria. Vacaciones.

Rasi y la pandilla en Vaciones. 2º Primaria. SM. 

Tamén podedes entrar nos seguintes enlaces para imprimir ou practicar online!!!!

Actiludis- comprensión lectora para imprimir.

Orientación Andujar "Cuaderno repaso 2º" para imprimir. 

Orientación Andujar "Cuaderno matemático preparo 3º" para imprimir.

Mundo Primaria (Xogos online por materias):

MATEMÁTICAS: Números y operaciones /Magnitudes y medidas/Problemas/Geometría

LENGUA:Gramática/Vocabulario/Ortografía/Comprensión lectora.

SODES XENIAIS!!💪💫

Quérovos un montón!!!


 

Bo verán!!! 💕


domingo, 5 de junio de 2022

VISITA Ó VIGO ZOO

Este ano por fin recuperamos un pouco a normalidade e tivemos unha saída!!!!

O pasadao 1 de xuño desfrutamos dunhas horas no VigoZoo visitando a moitos dos animais que alí viven. O noso guía contounos como chegaron ata alí a maioría deles (rescates,doazóns,etc). Tamén como nalgúns casos poden volver ó seu habitát natural e aqueles casos nos que non é posible.



Aprendemos moito e desfrutamos dun día diferente.




 

Encantóunos!!!