jueves, 23 de junio de 2022

VERÁN!

O tempo pasa voando! Xa chegou o fin do curso e ,o verán e as vacacións!🌞🌊🏊

Este ano foi moi raro...cambios de normas, máscara sí e non, distancias, xuntarse, vacinas...ata case chegar a normalidade nos últimos meses. Pero aínda así FIXÉSTELO XENIAL estes dous cursos raros!

Agora tedes que desfrutar moito do tempo libre: Ir a praia, o parque, o monte...onde sexa! Pero mellor que mellor ó aire libre.

Aínda que esteades de vacacións, pídovos que non esquezades todo o que aprendemos este ano e repasedes un pouquiño. Soamente precisades:

- Ler un pouco (o moito) todos os días.

- Escribir frases no caderno. Tamén preguntas e respostas sobre cousas que vos gusten ou lérades nalgún libro. Describir animáis, persoas, lugares, inventar aventuras...o que se vos ocorra, pero sempre con boa letra e maiúculas!

-Coa axuda da vosa familia: facer algún ditado, tanto de frases coma de números.

-Inventar e resolver contas e problemas de matemáticas (de sumas ou restas con levadas ata o 999).

-O que non rematáramos do libro podedes facelo como repaso.

-Entrando no libro dixital tedes todos os xogos, audios e vídeos que poñemos na clase. Podedes usalos a veces que queirades.

-Aqueles que desexedes comprar un libro de repaso para o verán, deixovos algunhas suxerencias aínda que hai moitos similares e non é obrigatorio:  

RUBIO a arte de aprender. 2º Primaria Galego.Vacacións.

RUBIO el arte de aprender. 2º Primaria. Vacaciones.

Rasi y la pandilla en Vaciones. 2º Primaria. SM. 

Tamén podedes entrar nos seguintes enlaces para imprimir ou practicar online!!!!

Actiludis- comprensión lectora para imprimir.

Orientación Andujar "Cuaderno repaso 2º" para imprimir. 

Orientación Andujar "Cuaderno matemático preparo 3º" para imprimir.

Mundo Primaria (Xogos online por materias):

MATEMÁTICAS: Números y operaciones /Magnitudes y medidas/Problemas/Geometría

LENGUA:Gramática/Vocabulario/Ortografía/Comprensión lectora.

SODES XENIAIS!!💪💫

Quérovos un montón!!!


 

Bo verán!!! 💕


domingo, 5 de junio de 2022

VISITA Ó VIGO ZOO

Este ano por fin recuperamos un pouco a normalidade e tivemos unha saída!!!!

O pasadao 1 de xuño desfrutamos dunhas horas no VigoZoo visitando a moitos dos animais que alí viven. O noso guía contounos como chegaron ata alí a maioría deles (rescates,doazóns,etc). Tamén como nalgúns casos poden volver ó seu habitát natural e aqueles casos nos que non é posible.



Aprendemos moito e desfrutamos dun día diferente.




 

Encantóunos!!!

miércoles, 4 de mayo de 2022

VISITA SORPRESA!!!

Nun par de ocasións, a nosa compañeira Sofía, trouxo os seus vermes de seda para poder ver como medraban.

Habíaos moi pequeniños, outros xa grandes e algún xa estaba no seu capullo esperando os 20 días para saír xa feito bolboreta!!



Explicóunos como había que alimentalos e que soamente comen follas da moreira.
 

Foi xenial velos crecer!!!

viernes, 29 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

 Este ano,para celebrar a semana e o día do libro fixemos varias actividades moi chulas!

Uns marcapáxinas incríbles!!!

A portada e recomendación dos nosos libros favoritos!!! 



E unhas medallas por ser bos lectores. Somos uns artistas!!!


 


viernes, 1 de abril de 2022

REPASAMOS O 2º TRIMESTRE

O segundo trimestre está a piques de rematar. Por iso, e xa que chegan a vacacións de Semana Santa, aquí tedes algúns enlaces de repaso. Algúns son online e outros para imprimir ou facer nun caderno.

Matemáticas

Lengua

Ciencias(En castelán, en galego no libro dixital)

Repaso para imprimir ou facer

Repaso lengua para facer ou imprimir

Repaso matemáticas para facer ou imprimir

Sabedes que a única tarefa que teremos é ler o noso libro de lectura conxunta. A maiores tedes os enlaces para quen queira facer algo máis.

Recordade que no libro dixital (entrando na aula virtual ou na páxina de anaya) tedes os xogos que facemos na clase e tamén os videos de ciencias.

A desfrutar do merecido descanso!


martes, 1 de marzo de 2022

ENTROIDO

Despois de dous anos moi duros e moita preparación por fin, puidemos desfrutar de novo, do noso desfile de Entroido.

Decoramos os nosos traxes ben bonitos e preparamos o noso cadro sobre María Antonia Dans.  Saímos a rúa ensinando polo barrio, as nosas obras de arte.






 

Foi un día estupendo!

viernes, 25 de febrero de 2022

Día de Rosalía

O pasado 24 de febreiro celebramos na nosa clase o día adicado a Rosalía De Castro

Durante os días anteriores lemos e escoitamos textos das súas obras.

O mesmo día, fixemos uns pequenos libros e flores cos datos máis destacados. Tamén uns fermosos retratos  desta gran escritora galega.