miércoles, 22 de diciembre de 2021

REPASANDO O PRIMEIRO TRIMESTRE!

 Aquí tedes algúns videos e enlaces para repasar algunhas das cousas que aprendemos neste primeiro trimestre!

Video resta levando(tachando)

Video resta llevando

Video suma levando 

Xogos online matemáticas 

Repaso Lingua Castelá 

Repaso matemáticas 

Lectura, comprensión e velocidade lectora 

Lecturas curtas e rápidas

Recordade que coas claves que enviei, tedes tamén acceso os libros dixitais. Alí atoparedes todos o xogos, recursos que utilizamos na clase e os libros.

Lede un pouquiño cada día e disfrutade moito das festas.

BO NADAL!

Moitos biquiños!

O NOSO NADAL!!!

 Nestes últimos días, estivemos moi atarefados coa nosa decoración de nadal e moitas actividades máis: 

Bólas de neve e carreiras de pingüíns coa realidade aumentada. 

Actividades e visita do Apalpador.

Elaboración de cartas para os Reis e visita da carteira Real.

Decoracións xunto c@s nos@s compis de 1º.

E para rematar, pequena festiña de nadal polo derradeiro día.

Temos un video resumo con fotos das nosas actividades!

ACTIVIDADES NADAL

 


BO NADAL A TOD@S!!

FIN DO PROXECTO VOLCÁNICO!!!

 Despóis de moitas semanas aprendendo sobre os volcáns e facendo a nosa propia maqueta...Chegou o día!

O pasado venres fixemos o noso experimento. Coa nosa maqueta e unha mistura segreda os nosos volcáns entraron en erupción!

Lava de cores e moitas risas dan por rematado o noso proxecto.

Aquí deixamos o video da nosa experiencia!

PROXECTO VOLCÁNS


 

UNHA CHEA DE ARTISTAS!!!

Na nosa clase somos uns e unhas artistas!!!

Nas clases de Arts co profe Xerardo e Mario fixemos unha chea de obras de arte.

Deixamos aquí, un video chulísimo que fixo o profe Xerardo das nosas clases.

Vivan @s artistas de !!!

jueves, 9 de diciembre de 2021

Proxecto Volcán (2ª Parte)

Continuamos co noso proxecto sobre os volcáns!

Nesta ocasión construímos o noso propio volcán. Reutilizamos envases de bebibles e pasta de modelar. Démoslle forma e pintámolos para, unha vez listos, facer o noso experimento: facelo entrar en erupción.

Estamos desexando ver como sae a lava do noso volcán!







 

 

Celebramos o 20 e 25 de Novembro!

No mes de novembro celebramos dous días moi importante: 

O 20  "día universal da infancia" e o 25 "día internacional da eliminación da violencia contra a muller".

Traballamos e falamos sobre que @s nen@s teñen dereitos e que somos tod@s iguais independentemente de ser homes ou mulleres. Respetamos os demáis e os demáis deben respetarnos.

 


video 25 N

 

Disfraces de Samaín!!!

Desfrutando dun divertido e terrorífico Samaín...

 puxémonos os mellores traxes para celebralo.

Que medo!!!

 











Xogando en Samaín!!!

Este Samaín estivo cheo de actividades e xogos!!!








 


Traballamos en grupo!

Este ano coma o anterior, temos que ter coidado e respetar as mediadas Covid. Xa que somos grupo burbulla, si podemos facer algúns traballos en pequenos grupos. Xuntos todo faise máis doado e divertido sempre coa máscara e as desinfeccións.

Nesta activida escollimos un libro e analizamos as súas partes en parellas ou grupos.

Gustounos moito!






 

Comezamos o proxecto do volcán!

Pola recente erupción do volcán na illa Da Palma, investigamos e observamos que sucede nun volcán durante unha erupción.

Gracias os Ipads do cole e a aplicación Quiver puidemos observalo todo en relaidade aumentada.











Foi unha pasada!
 

NOVAS AVENTURAS!

 Este ano estreamos novo curso...

Xa somos de 2º!